Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 11

Perder as bestas

Manuel Veiga Taboada

A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura...

Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

Manuel Veiga Taboada

Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións...

As mellores tendas de Madrid

Manuel Veiga Taboada

«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar...

Galicia contada aos non galeguistas

Manuel Veiga Taboada

Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga? Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas...

Todo ser humano é un río

Manuel Veiga Taboada

A historia comeza nunha montaña sagrada da fronteira, seguindo o rastro dun vello castelo, do que non queda memoria. E remata cando o protagonista decide vivir, durante algunhas semanas, nun edificio singular que é tamén hospedaría...

Manuel María. Vida, versos e rebeldía

Manuel Veiga Taboada

Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista...

Manuel María, buscando un país

Manuel Veiga Taboada

Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país...

Os xornalistas utópicos

Manuel Veiga Taboada

Nesta novela mestúranse voces, xéneros e escenarios (Vigo, Madrid, Monforte, Porto ou San Francisco) até compoñer un fresco de trinta anos de historia, dende 1977, ano das primeiras eleccións democráticas, pintado coa pincelada subxectiva duns personaxes situados sempre entre o realismo atroz e a utopía paródica...

Autor/a da semana

Do G ao Z

Manuel Veiga Taboada

Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor...

O profesor de vegliota

Manuel Veiga Taboada

Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas...

O exiliado e a primavera

Manuel Veiga Taboada

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai...